Ola a todos e a todas!
Comeza unha nova e ilusionante temporada 2018-2019, chea de novos retos, e moitos kilómetros por percorrer. Seguimos a competir na liga de 3ª nacional, pero no Grupo Norte, tocará coñecer novas cidades, Ribadeo, San Ciprán, voltar a Rábade…,.
Polo de agora, temos xa actualizado o Programa Xoga 2019, hai colgadas algunhas fotiños dos torneos de verán nos que se participaron; torneo de Oroso e o torneo de Gondomar, con magnificos resultados acadados.
En Oroso, na categoría senior, a xogadora Ana María Pérez, proclamouse campiona, e en Gondormar, Plácido Arnejo, semifinalista na categoría de veteranos 40+.
Tamén comezamos a liga. O debut foi o pasado domingo, na casa. Non se puido acadar a victoria, que foi para o equipo do Concello de Mazaricos, por un axustado 3-4.