O orixinal prato ou anagrama da AGRUPACIÓN DEPORTIVA DUBRATAMBRE, representa distintas formas da actividade física arredor da ponte de Portomouro e á estrela do Camiño de Santiago que ten o escudo do Concello de Val do Dubra, responde desta maneira ós principios desenrolados nos Estatutos da AGRUPACIÓN DEPORTIVA DUBRATAMBRE: desenrolo de actividades físicas e deportivas entendidas na liña do deporte para todos e do tempo libre; favorece-lo desenvolvemento de relacións profundas e maduras; favorece-lo xogo, a diversión instructiva e a actividade deportiva para a saúde; fomentar, promocionar e divulga-la idea da actividade física e o deporte en xeral, pois recoñécese que son un medio ó servicio do pleno desenrolo da persoa. Deseñouse pola AGRUPACIÓN DEPORTIVA DUBRATAMBRE o ano da súa fundación, 1984; fíxose no Laboratorio de Formas de Galicia. Ésta institución pensouse na Arxentina por Luís Seoane e isaac Díaz Pardo na década dos anos 60. Un dos tres proxectos que íanse poñer en marcha era a restauración de Sargadelos tratando de siñificar que alí houbera un espíritu de empresa nos comenzos da industrialización capitalista e que tratábase dunha empresa deseñada cun espíritu ético co exponente aínda podería producir unha revolución positiva no entendimento da empresa. Sargadelos concibíuse por Ibáñez coma unha asociación de recursos propios para, engadíndolles valor, poder satisfacer necesidades auténticas, o que siñificaba unha clara revolución frente á empresa que xeralmente concibíuse coma unha asociación de intereses para especular con necesidades e recursos. A empresa de máis alento e prestixio do noso pasado industrial gardaba esta virtude fundamental que era necesario siñificar. Os outros dous proxectos que traía o Laboratorio de Formas de Galicia, era un museo que recollera a obra e a documentación do movimento renovador do arte galego a partires de Castelao, que polos feitos da guerra civil encontrábase perdida, dispersa, moitos dos seus integrantes exiliados ou mortos e en consecuencia esquencido das novas xeracións, concretándose no Museo Carlos Maside. O terceiro proxecto era unha editorial que recollera e difundira as distintas formas culturais que manifestábanse en Galicia en tódolos eidos, reconstruíndo no posible a historia contemporánea de Galicia que intereses de todo orde trataban de ocultar, desorientando ás novas xeracións sobre as súas raíces. Ó falar da restauración de Sargadelos necesítase ver que trátase dunha peza dun proxecto conxunto cun siñificado común reivindicador dunha memoria histórica de Galicia.O Laboratorio de Formas de Galicia partía dunha idea racionalista do deseño e da conformación ética e histórica das cousas, máis os seus obxetivos estaban máis alá do racionalismo que empezaba a manifesta-lo seu cansancio naquel tempo. Xa en Galicia os proxectos do Laboratorio de Formas de Galicia, encontraron o calor entusiasta do arquitecto Andrés Fernández-Albalat, que incorporouse de inmediato a eles, colaborando no seu desenrolo dende o primeiro intre.O Laboratorio de Formas de Galicia asiñou un convenio con Cerámicas do Castro, para poñer en marcha os proxectos que no ano 1970 quedaron inaugurados. É xusto sinalar que outras persoas non eran alleas ó proxecto: dende o exilio Rafael Dieste e Lourenzo Varela viñeron aportando ideas e calor ó proxecto, e aquí en xeral, recibiron o apoio da intelectualidade que cría en Galicia. O dez de maio inaugurouse a pranta circular de Sargadelos cunha misa rezada en Lingua Galega por Manoel Espiña. Ó día seguinte inaugurose en Sargadelos o IV Seminario de Deseño Industrial, ó que asistiron uns cen artistas, arquitectos e teóricos chegados dende distintas partes e que convocara a Vicepresidencia de Ordeación Económica, o Colexio de Arquitectos de Galicia e o Laboratorio de Formas de Galicia.As primeiras pezas que saían da fábrica diseñounas Luís Seoane e un equipo de xente que dirixía Díaz Pardo; posteriormente incorporouse obra orixinal de Laxeiro, Virxilio, Alberto Sánchez, do arxentino Goldstein, Xosé Vizoso, Rosendo e Xosé Díaz, Carlos Sílvar e unha serie de nomes que dalgunha forma colaboraron. Paralelamente á fábrica de Sargadelos, no ano 1972 creouse o seminario de Sargadelos, en estreita colaboración con aquela e servíu para investigar nos campos de técnica e de deseño estructurados no Departamento de Tecnoloxía que dirixe Andrés Varela, e un Departamento de Sistemas de Comunicación, que dirixe Díaz Pardo. Ademáis de servir contínuamente na tarefa de ámbolasdúas actividades, o Seminario orgaíza as Experencias Estivais, a súa XIV edición celébrase no ano 1985. Éstas experencias comprenden tecnoloxía e Escola Libre de Cerámica, cristal, esmalte sobre metal,. e acompáñanse de seminarios sobre temas de deseño, arte, economía, empresa, cine, teatro,. Éstes seminarios trouxeron persoas de tódalas partes do mundo, e por eles pasaron máis de mil interesados, con xente tan importante coma Carme Perujo, Arcadio Blasco, Enrique Mestre, Silverio Rivas, Lluís Castaldo, Javier e Antonio Oteíza,. e máis dun cento de intelectuais de Galicia e do resto da Península e do estranxeiro interviron en seminarios, mesas redondas e conferencias.O departamento de tecnoloxía, ademáis de traballar contínuamente na investigación de materias e procedementos, realiza diversos plans de investigación concertada con orgaísmos estatais sobre temas concretos. O Seminario de Sargadelos dispón dunhas grandes coleccións de cerámica popular española e de cerámica moderna, conta con arquivos gráficos e bibliográficos e, xunto co Departamento de Edafoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, encargouse de recoller, montar e soster no Castro o Laboratorio Xeolóxico de Laxe, da Fundación Parga Pondal.No ano 1972, o Laboratorio de Formas de Galicia, solicitou ó Goberno a declaración de conxunto histórico e artístico, concedéndollelo no mesmo ano, formando un Patronato que preside o director xeral de Belas Artes. Sargadelos creou galerías de arte en Madrid, Barcelona e Santiago de Compostela, dende as que difunde a súa laboura.